HomesociedadeActividades educativas e divulgativas no Concello do Saviñao

Actividades educativas e divulgativas no Concello do Saviñao

Unha está relacionada coa concienciación sobre a igualdade e a outra coa formación para o aproveitamento sostible dos soutos.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres 27 de setembro ás 18:00 h., a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao continúa co Ciclo de actividades de Concienciación sobre a Igualdade e presenta Contamos en igualdade, unha sesión de conta contos que pretende rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou mesmo condición social, cultural ou funcional.

Esta actividade está enfocada a público a partir de 5 anos, será realizada por profesionais do proxecto educativo Eduvia e está enmarcada no programa Ler conta moito de igualdade, financiado pola Consellería de Cultura e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Nocións básicas para o aproveitamento do souto

E xa poñéndonos no luns, 30 de setembro, o Concello do Saviñao organiza unha sesión formativa sobre o aproveitamento sostible do souto que impartirá persoal a IXP Castaña de Galicia. Levarase a cabo no Auditorio do concello entre as 10:00 e as 14:00 h. sendo a asistencia de balde para os/as interesados/as.

Souto no Courel. Foto: Barutxo

Colaboran na xornada divulgativa a Xunta de Galicia, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria -AGACAL-, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...