HomesociedadeMáis de 8.000 lucenses benefícianse do Plan de Axuda Alimentaria

Máis de 8.000 lucenses benefícianse do Plan de Axuda Alimentaria

A Área Funcional de Agricultura en colaboración co Banco de Alimentos e a Cruz Vermella, ten en marcha a segunda fase do "Programa 2019 de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas".

Publicado o

- Advertisement -

Na actualidade repártense 1.688.447 quilos de alimentos entre nove centros de almacenaxe de Galicia e posteriomente entréganse a 439  organizacións asociadas de reparto, entre as que están asociacións, comedores sociais e concellos. Entidades que atenden a  58.094 persoas en situación de dependencia social e/ou económica.

Segunda fase do Programa de Axuda Alimentaria 2019. Datos de Galicia 
  Cantidade alimentos (kg) Valor económico (€) Nº de CAD Entidades de reparto Nº beneficiarios
A  CORUÑA 490.074,56 481.873,89 3 109 17.048
LUGO 251.993,84 247.685,70 2 73 8.160
OURENSE 300.459,84 301.038,35 2 124 10.402
PONTEVEDRA 645.918,64 634.805,00 2 133 22.484
TOTAL GALICIA 1.688.446,88 1.665.402,94 9 439 58.094

 

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), puxo en marcha o “Programa 2019 de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas”, que se desenvolve en tres fases, dúas delas neste ano e a terceira no primeiro trimestre de 2020.

Os alimentos adquiridos son de carácter básico, variados, nutritivos, pouco perecedoiros, de fácil transporte e almacenamento. Entre eles, arroz, garavanzos cocidos, leite enteiro UHT, aceite de oliva, atún en conserva, sardiñas en conserva, pasta alimenticia, galletas, froita en conserva ou tarritos infantís de froita e de pito.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...