HomesociedadeAlumnos e alumnas do IES A Pinguela de Monforte visitan 'Atapuerca'

Alumnos e alumnas do IES A Pinguela de Monforte visitan ‘Atapuerca’

A viaxe foi organizada polo Departamento de Bioloxía do centro.

Publicado o

- Advertisement -

O IES A Pinguela monfortino destaca, entre outras cousas, pola cantidade de actividades divulgativas e didácticas que organiza ao longo do ano para completar a formación dos seus alumnos e alumnas.

Seguindo esta liña, o Departamento de Bioloxía do instituto organizou unha viaxe divulgativa a Burgos para coñecer os xacementos de Atapuerca, o CAREZ (Centro de Arqueoloxía Experimental) e o Museo da Evolución Humana. Participaron 31 alumnos e alumnas de Primeiro de Bacharelato Ciencias con Bioloxía e Xeoloxía que aproveitaron a viaxe a estas terras para realizar unha visita guiada á Catedral de Burgos, unha das maiores e máis interesantes do estado.

Un momento da visita a Atapuerca. Foto: Enrique Sampil

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...