HomesociedadeMonforte afonda no emprendemento no medio rural

Monforte afonda no emprendemento no medio rural

O Centro do Viño de Monforte acolle deste este luns, 30 de setembro, e ata o día 3 de outubro o Seminario “Emprendimiento en el Medio Rural”

Publicado o

- Advertisement -

O Seminario inaugurábase esta mañá pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada; que estivo acompañada por representantes das outras dúas entidades coorganizadoras do seminario: o Xefe de Servizo da Unidade de Xestión da Rede Rural Nacional, Juan Carlos Orella, e o presidente do GDR Ribeira Sacra-Courel e Alcalde de Bóveda, José Manuel Arias López.

O seminario ten por obxectivo que os asistentes fortalezan as súas capacidades para emprender no medio rural, afonden no desenvolvemento dun plan de negocio e adquiran capacidades noutras cuestións transversais como a comunicación ou a cooperación e xeración de sinerxias con outras iniciativas. O curso conta cuns 20 inscritos, a maioría deles procedentes de distintos puntos de Galicia, pero tamén doutras Comunidades Autónomas españolas.

O Seminario estructúrase en 4 módulos dun día de duración cada un, nos que se combinarán ponencias, exercicios prácticos e presentación de experiencias reais. Así, o primeiro módulo levará por título “Emprendemento no medio rural: da idea á realidade”; o segundo abordará como elaborar un Plan de Negocio; o terceiro presentará 3 casos de éxito de 3 persoas emprendedoras no medio rural; e o cuarto módulo, que terá lugar o xoves día 3, tratará aspectos básicos para o éxito dun negocio a longo prazo: a comercialización do produto e a estratexia de comunicación e difusión do produto ou negocio.

Ademais das charlas que terán lugar no Centro do Viño, os asistentes ó Seminario tamén levarán a cabo unha serie de visitas a entornos rurais da comarca, como serán o miradoiro do Cabo do Mundo, a unha adega da D.O. Ribeira Sacra, a Mieles Anta, ou á Reitoral de Gundivós.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...