O curso dirixido a guías turísticos, estudantes, xestores locais e docentes terá unha parte teórica que logo se porá en práctica nos casos de estudo sobre o terreo para deseñar roteiros que ao final do proxecto serán avaliados.
O proxecto ten por obxectivo deseñar novas propostas turísticas con enfoques inclusivos e de xénero para a zona de Ribeira Sacra que incorporen aspectos de peregrinación, antropoloxía, enoturismo, gastronomía e navegación fluvial.
Outro dos obxectivos, vinculado ao curso de formación, será o de digasnóstico da Ribeira Sacra en canto ás posibilidades para o desenvolvemento de propostas de turismo inclusivo e accesible, propoñendo melloras e adaptacións da oferta actual. No curso analizaranse outros aspectos como a conservación de elementos da cultura tradicional e do patrimonio inmaterial mediante a súa divulgación e posta en valor desde o punto de vista turístico.
Para inscribirse nesta actividade que se celebrará os días 24 e 24 de novembro e 18 e 19 de xaneiro, deben de enviar un correo a turismoinclusivonaribeirasacra@gmail.com, cos datos de contacto, a formación, profesión e motivos de interese nesta actividade.