HomesociedadeMerendas con contos os venres en Sober

Merendas con contos os venres en Sober

En outubro, o Concello de Sober celebra o ‘Mes da Biblioteca’ con obradoiros na aula multimedia, contacontos e lecturas

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober programa para as tardes dos venres numerosas actividades de animación á lectura para os nenos e nenas no marco das Merendas con Contos. As actividades desenvolveranse na Casa da Cultura de Sober a partir das 16:00 horas.

A actividade comeza este día 4 cunha tarde de cine. O día 11 conmemoran o 25 aniversario da Biblioteca de Sober. O venres 18 ‘Conto para bailar mentres bailamos un valse’, de Caxoto Contacontos e o venres 25, celebración do Día da Biblioteca. As lecturas do mes serán: O segredo de Cristina, de Pascual Alapont, O soño do libro, de Vicente Muñoz Puelles e Morcegos na biblioteca, de Brian Lies.

Desde a Biblioteca Pública Municipal de Sober animan tamén a que os adultos se acheguen á Casa da Cultura para recoller o novo carné da Rede de Bibliotecas de Galicia.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...