Homesociedade'Lugo Termal' abre o prazo de solicitudes

‘Lugo Termal’ abre o prazo de solicitudes

A Deputación de Lugo ofrecerá este ano arriba de 1.350 prazas no Balneario e Termas de Lugo, o Hotel Balneario Río Pambre de Palas de Rei e o Hotel Balneario de Augas Santas de Pantón.

Publicado o

- Advertisement -

Este exitoso programa de termalismo está dirixido aos maiores de 55 anos que estean empadroados na provincia e a solicitude poderá realizarse a partir das 00.00 horas do martes 8 de setembro, tamén a través da páxina web da propia Deputación de Lugo.

Dende hai xa oito anos o organismo provincial favorece, con este programa, o benestar social e a saúde dos maiores, ademais de impulsar o ‘turismo provincial’. Nesta edición ofrece 1.350 prazas (1.113 con estancia e 238 sen estancia) con descontos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinais, ata xuño do 2020. A atención e servizo aos usuarios e usuarias resulta excelente, partindo dun control médico e recoñecemento previo ata a aplicación das técnicas termais máis novidosas, e como detalle a maiores tamén se pode obter un informe médico ao remate da estancia a petición do usuario ou usuaria.

Os beneficiarios e beneficiarias das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén terá a posibilidade de gozar destes descontos aínda non tendo máis de 55 anos. Outra das características diferenciais do programa de termalismo provincial é que permite o acompañamento de persoas con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais, garantindo o seu acceso e goce dos tratamentos termais.

Modalidades

A modalidade con estancia contempla seis días e cinco noites en pensión completa, o prezo a pagar polos usuarios e usuarias é de 189,50 euros. Inclúe servizo de cea e aloxamento o día de entrada e o servizo de almorzo e xantar o día de saída, podéndose alternar por servizo de xantar e cea o día de entrada e almorzo o día de saída, acordando previamente co balneario. Será en habitacións de uso compartido (os usuarios que soliciten unha individual, se o balneario ten dispoñibilidade, aboarán a diferenza correspondente aos prezos establecidos). Aplicaranse un mínimo de 15 técnicas termais, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconsellen, e haberá un programa de animación sociocultural de luns a xoves.

A modalidade sen estancia contempla dez días (de luns a venres) e o prezo a pagar polos usuarios e usuarias é de 200 euros. Inclúe 30 técnicas termais como mínimo, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconsellen.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...