HomesociedadeTrascastro, no Incio, candidata a converterse en aldea modelo

Trascastro, no Incio, candidata a converterse en aldea modelo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, formalizou a entrega a favor do Concello do Incio da antiga caseta de legoeiros emprazada no lugar de Trascastro, que a partir de agora será destinada a actividades de dinamización social e cultural.

Publicado o

- Advertisement -

O municipio do Incio recupera para uso público este espazo, empregado antigamente polo persoal que se encargaba do coidado e mantemento das estradas e camiños públicos e que, na actualidade, perdeu a súa utilidade como elemento funcional da estrada.

A entrega, prodúcese ao abeiro do convenio asinado pola Xunta de Galicia co Concello do Incio polo que se autoriza a cesión, a título gratuíto, deste inmoble valorado en preto de 22.000 euros.

O novo local, que pasará a formar parte do patrimonio municipal, poderá ser empregado unha vez acondicionado pola asociación de veciños do lugar de Tracastro, e usalo para reunións, charlas, cursos e distintas actividades lúdicas ou culturais.

A Xunta de Galicia mantén aberta co Concello do Incio e, en particular, coa veciñanza de Trascastro, xa que esta parroquia é unha candidata firme a converterse en aldea modelo e, polo tanto, formar parte do programa impulsado pola Consellería do Medio Rural para colaborar na defensa contra os incendios forestais e que probablemente se concretará nos próximos meses.

ÚLTIMAS

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais...

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcese tras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...