HomesociedadeUn outubro dedicado á muller en Quiroga

Un outubro dedicado á muller en Quiroga

O Concello de Quiroga a través do Centro de Información á Muller organiza actividades para os días 15 e 19 deste mes.

Publicado o

- Advertisement -

O vindeiro dia 15 de outubro conmemorarase o dia da Muller Rural. Para celebralo organízase un CAFÉ-COLOQUIO, no que mulleres empendedoras da comarca contarán a sua experiencia profesional. Participarán; Sandra Macía Vázquez de Bodega EDV,  Olga María Iglesias Vázquez de Eireliña SL (adicada a  apicultura), Ana Gadín González de Bodega Atrium Vitis e Amparo Montenegro López de Enoturismo Galicia.

O acto será no salón multiusos do centro Social de Quiroga, as 18.00 horas, e está especialmente dirixido ás mulleres da contorna.

Xa o día 19 de outubro conmemorarase o día contra o CANCRO DE MAMA, cunha andaina solidaria, que ininterrumpidamente se vén organizando dende o ano 2010. A andaina de 4 quilómetros iníciase ás 17:00 horas no parque do Auditorio Municipal e percorrerá o paseo Fluvial, para finalizar novamente no parque do Auditorio.

Como novidade este ano, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AECC), recolleranse donativos que se destinarán a dita asociación que se dedica a axudar e mellorar a vida das persoas afectadas por esta enfermidade e impulsa a investigación oncolóxica, entre outras actividades.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...