HomesociedadeA hostalería de Sarria quere falar inglés

A hostalería de Sarria quere falar inglés

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés organiza un curso de inglés básico para hostalería e outros interesados e interesadas. Pola súa banda a Xunta denvolve cursos para Protección Civil en Chantada e O Saviñao.

Publicado o

- Advertisement -

O curso desenvolverase entre o 4 e o 15 de novembro, en horario de 17.00 a 19.00, na Casa da Cultura de Sarria. O curso estará impartido por Reyes Vázquez, Técnica de Turismo da Mancomunidade.

Os interesados e interesadas deben de inscribirse entre o 15 e o 25 de outubro, a través do correo electrónico turismo@sarria.es ou en horario de mañá no concello de Sarria. A actividade conta con 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.

Cursos de Protección Civil da Xunta

A Xunta de Galicia organiza tres cursos para persoal das agrupacións de voluntarios de Protección Civil (APVCs). Na zona sur contarase con dúas destas actividades. Comezarase en Chantada do 1 ao 3 de novembro cun curso sobre accidentes na estrada, que terá 34 horas lectivas e conta con 20 prazas. O contido centrarase na prevención e  intervención en accidentes de tráfico.

Os días 23 e 24 de novembro haberá formación sobre busca e salvamento de persoas desaparecidas no Saviñao. Impartiranse 16 horas lectivas e hai 20 prazas. A actividade ten por obxecto capacitar ao alumnado para participar con éxito en operativos de busca de persoas desaparecidas, tanto no ámbito urbano coma no rural.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...