HomesociedadeOs viños da Ribeira Sacra reciben os premios da cata de Euskadi

Os viños da Ribeira Sacra reciben os premios da cata de Euskadi

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollía este 14 de outubro a entrega de premios da Cata Concurso de Viños Tintos Galegos que organiza a “Irmandade dos Centros Galegos en Euskadi” con motivo do Día de Galicia en Euskadi.

Publicado o

- Advertisement -

Un ano máis os viños tintos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra foron os mellor valorados polo panel de cata que conforman membros da Asociación de Euskadi de Sumilleres – Euskadiko Sumillerren Elkartea. A D.O. Ribeira Sacra presentaba a esta cata 14 mostras pertencentes a 9 adegas e recibiron hoxe o seu recoñecemento: Capador, Mencía barrica de 2017 de Adega Tear,primeiro clasificado e Casa Moreiras, Mencía 2018 de Adega Casa Moreiras, como terceiro casificado.

Do acto de entrega de premios participaron o organizador das catas-concurso, o taboadés, José David Fidalgo e o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez. José David Fidalgo destacou na súa intervención o esforzo da Irmandadedous Centros Galegos en Euskadi por promocionar os produtos galegos e, en particular, os viños galegos “con esta cata-concurso na que os viños da D.O. Ribeira Sacra sempre obteñen premios. Cada ano os viños desta Denominación son máis coñecidos e recoñecidos”.

Pola súa banda, José Manuel Rodríguez, felicitou aos premiados e agradeceu o traballo de todas as adegas que presentan os seus viños a concursos, certames e feiras “obtendo excelentes resultados e facendo posible que os viños da D.O. Ribeira Sacra sexan coñecidos en todo o mundo”.

 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...