HomesociedadeA Asemblea da CECRV trae á Ribeira Sacra a un cento de...

A Asemblea da CECRV trae á Ribeira Sacra a un cento de representantes do viño con D.O. en España

Entre o 24 e o 26 deste mes, a D.O. Ribeira Sacra acolle a celebración da XXIV Asemblea Xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas. A Ribeira Sacra está inmersa na súa declaración como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e con esta celebración espérase seguir cultivando apoios, neste caso do sector do viño con D.O. en España.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves, 24 de outubro, ás 20.00 h., celebrarase a recepción de participantes no Hotel Oca Augas Santas de Pantón para, posteriormente, celebrar unha cea de benvida. A Asemblea, que comezará ás 10.00 da mañá do día 25 na casa da cultura, Lois Pereiro, de Monforte, terminará cara ás 13.30. Ás 14.15 os membros da CECRV trasladaranse á adega Regina Viarum, onde se celebrará un xantar, seguido de visita a adega. Ás 17.00 comeza a viaxe en catamarán polo canón do Sil para terminar no Parador de Santo Estevo de Nogueira de Ramuín con visita e cea.

As actividades que organiza a D.O. Ribeira Sacra con motivo desta XXIV Asemblea, complétanse o día 26 de outubro. Os participantes comezarán ás 10.00 un roteiro de sendeirismo por parte do Camiño de Inverno na Ribeira Sacra. Comezarase en Diomondi e iniciarase ruta ata a adega Vía Romana; podendo facer tamén parada, quen o desexe, no embarcadoiro de Belesar.

No 2010, a D.O. Ribeira Sacra acollera a Asemblea da CECRV, aproveitando para promocionar e divulgar os recursos turísticos de Galicia e Ribeira Sacra, coincidindo co Ano Santo. Nesta ocasión, a Ribeira Sacra está inmersa na súa declaración como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e con esta celebración espérase seguir cultivando apoios, neste caso do sector do viño con D.O. en España.

A Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV) é a asociación sen ánimo de lucro que representa ás Denominacións de Orixe de viño ante as administracións en España e as institucións en Europa. Recoñecida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación como interlocutor da Administración en materia de figuras de calidade. CECRV forma parte tamén da European Federation of Origin Wines (EFOW), xunto ás organizacións que representan a Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas do resto de grandes países produtores europeos (Francia, Italia e Portugal).

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...