Homesociedade395.000 euros da Xunta para vivendas modulares no concello de Sober

395.000 euros da Xunta para vivendas modulares no concello de Sober

A deputada autonómica e concelleira do municipio soberino, Raquel Arias, e o rexedor, Luis Fernández Guitián, visitaron este xoves, día 24 de outubro, o lugar no que se asentarán os inmobles, entre o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e o centro de saúde.

Publicado o

- Advertisement -

O arranque deste proxecto comprende a construción de tres vivendas modulares, ás que se sumarán 5 máis nunha segunda fase, de maneira que se incrementará de xeito importante o parque de vivendas protexidas existente.

As vivendas disporán de tres dormitorios, dous baños, salón, cociña, tendedeiro, trasteiro e garaxe. A fórmula das vivendas modulares permite, entre outros obxectivos, acurtar de forma importante os prazos de execución. A actuación comezará polos cimentos, mentres que o proceso de construción se fará integramente en fábrica, de maneira que o impacto sobre o terreo será mínimo.

Outros investimentos

Os Orzamentos da Xunta para o ano próximo recollen un investimento de 300.000 euros para infraestruturas turísticas e bens de interese público en Sober, destinados, entre outras actuacións, á instalación dun pantalán no embarcadoiro dos Chancís.

Tamén figura unha partida de 52.000 euros para a mobilización de terras que permitirá seguir adiante cos traballos xa iniciados en Proendos. O Concello de Sober será un dos que conte ademais cunha aldea modelo no lugar de Francos de Proendos coa que se pretende protexer ás vivendas fronte ao lume e xerar actividade económica na contorna.

En total, o Goberno que preside Núñez Feijóo destina ao Concello de Sober, tendo en conta só os gastos territorializados, un Orzamento superior aos 800.000 euros o que, segundo explicou a deputada Raquel Arias, “reafirma o compromiso da Xunta co municipio, coa zona sur e co reequilibrio territorial, como así pon de manifesto que se duplicaran os investimentos para a Comarca de Lemos, que este ano van alcanzar os 12 millóns de euros”.

Deles, 1,7 millóns están dedicados á sinalización integral e actuacións en albergues do Camiño de Inverno. Neste concepto, o investimento máis importante producirase no concello do Saviñao, con preto de 800.000 euros, onde está prevista a licitación do albergue no Palacio Episcopal de Diomondi. Monforte, Chantada, Pobra de Brollón ou Quiroga son outros dos municipios beneficiados por estas actuacións, en todos os casos con partidas superiores aos 200.000 euros. Cabe destacar outros investimentos para o rural da zona sur, como é o caso da sinalización da Ruta do Viño por un importe de 300.000 euros e que favorecerá directamente ao concello de Sober.

ÚLTIMAS

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...

O PP de Monforte considera que as cámaras instaladas na cidade son para impoñer multas, non para mellorar a seguridade

A voceira popular, Katy Varela, explica que se pide esta información dadas as reiteradas...

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...