O Incio demanda infraestruturas e servizos sociais e sanitarios

O alcalde do Incio, o Héctor Corujo, vén de manter a súa primeira xuntanza de traballo desde que foi elixido rexedor co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Xuntanza co Presidente da Xunta / Concello do Incio

Héctor Corujo trasladoulle ao pesidente da Xunta a importancia de levar a cabo investimentos para o Concello relacionados coa mellora dos servizos sociais e sanitarios e a mellora das infraestruturas, nomeadamente as que teñen que ver co abastecemento de auga.

O rexedor valora a receptividade que amosou o presidente da Xunta, quen lle indicou que pronto se levarán a cabo melloras nos servizos sanitarios complementarios no Concello do Incio.

“Foi unha reunión moi cordial na que lle trasladei aquelas prioridades para as que pedimos a colaboración da Xunta e penso que a resposta do presidente foi moi positiva e que pronto reverterá no noso Concello”, explica Corujo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here