HomesociedadeEn Marea co SAF de Chantada contra a privatización

En Marea co SAF de Chantada contra a privatización

As 29 traballadoras do SAF do Concello de Chantada convocaron unha folga en protesta pola anunciada privatización do servizo. En Marea e Por Chantada reuníronse coas traballadoras e demandan que a Xunta asuma responsabilidades.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo En Marea no Concello de Chantada, o 96,7% das persoas atendidas teñen SAF de Dependencia, financiado pola Xunta de Galiza, pero o servizo non se presta nos horarios necesarios por falta de persoal, “A realidade é que os salarios das traballadoras do SAF son baixos, inferiores aos 1000 € por mes, e as condicións precarias, en canto a desprazamentos, permisos e descansos e organización do traballo. Esta situación, lonxe de ser puntual, é habitual en moitos concellos do País”, sinala a deputada de En Marea, Paula Vázquez.

En Marea asegura que o Concello de Chantada adoece dunha falta de planificación do SAF, sen carteleiras de traballo, sen protocolos e plans establecidos de traballo coordinado pola equipa de Servizos Sociais do Concello, etc, “e pretende achacar esta falta de eficiencia ao persoal, apostando pola privatización da xestión do persoal do SAF, sen achegar memoria económica para este cometido.”

A situación do SAF de Chantada é insostible, segundo traslada En Marea, ao darse falta de diálogo co concello, uns servizos mínimos abusivos e unha falta de mecanismos por parte da Xunta que garantan unha mínima calidade do servizo e condicións laborais do persoal das equipas de Servizos Sociais Comunitarias.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...