HomesociedadeQuiroga celebra o seu patrón, o San Martiño

Quiroga celebra o seu patrón, o San Martiño

A programación para este ano comeza o sábado 9 cunha actuación teatral, continúa o luns coa celebración propia do San Martiño e remata o vindeiro 17 de novembro co III Día da Bicicleta.

Publicado o

- Advertisement -

Para comezar, este sábado 9 de novembro  ás 19:00 h. haberá unha interesante función teatral no Auditorio Municipal, “G-13 Gallaecia”, a cargo do grupo Falcatrueiros de Monterroso. A actividade enmárcase dentro do ciclo teatral ‘Buxiganga’ que promove a Deputación de Lugo.

G-13 Gallaecia é unha versión adaptada dunha obra escrita polo catalán Albert Boadella no ano 1978, “M7 Catalonia”. A peza foi representada con éxito polo coñecido grupo catalán “Els Joglars”.

A obra representa unha conferencia ilustrada, a través da cal o público asiste a unha reconstrución de certas formas sociais de vida xa extinguidas. A acción transcorre nunha futura civilización na que catro antropólogos, produto xa dunha raza aséptica, estilizada e pragmática, estudan os costumes e a cultura dunha nación situada no enclave 13 do mapa experimentando con catro anciáns supervivintes daquel lugar.

O fin último da función é satirizar dende un futuro imaxinario no que nos atopamos unha cultura extinguida.

Cacho onde se asan as castañas. Fonte: Facebook Concello de Quiroga

E o vindeiro luns, día 11 de novembro, será a festa de celebración do San Martiño organizado polo Concello e que arrincará xa ás 11:00 h. cunha alborada seguida da misa solemne e procesión.

Pola tarde, a partires das 16:00 h. haberá xogos populares para os máis pequenos na Praza Maior, onde a continuación, sobre as 19:00 h. terá lugar o gran magosto popular con castañas asadas e viño novo. O apartado musical da festa correrá a cargo do dúo Camelia.

Xa para o 17 de novembro queda a celebración do III Día da Bicicleta.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...