HomesociedadeEn marcha a formación sobre o cotián en Bóveda

En marcha a formación sobre o cotián en Bóveda

O concello de Bóveda comezou este mércores, 13 de novembro, un ciclo de catro xornadas formativas para os meses de novembro e decembro. Na primeira charla informativa abordáronse aspectos xurídicos sobre a incapacidade xudicial.

Publicado o

Para a primeira charla informativa contábase coa colaboración da Asociación AFAMON Monforte e foi impartida pola avogada, Ana Isabel Rodríguez. Abordáronse temas como a toma de decisións nos procesos de deterioro cognitivo, xestión de bens e patrimonio e como poden axudar os nosos coidadores.
O 27 de novembro, de novo coa colaboración da Asociación AFAMON Monforte, terá lugar a xornada ‘Axudas técnicas para persoas en situación de dependencia’ na que se contará coa terapeuta ocupacional, Carolina Cotón Díaz. A xornada tratará temas relacionados con diferentes axudas técnicas coas que se pode contar para facilitar a vida diaria das persoas (caldeiras, andadores, elevadores) e como conseguilas.
As outras dúas xornadas formativas serán o 22 de novembro e o 4 de decembro; sobre  Prevención e mellora da seguridade nas nosas casas e sobre cómo aforrar na factura da luz.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Magosto, micoloxía e teatro en Pantón

Este sábado, 8 de novembro, o Concello de Pantón celebra no Pavillón Municipal un...

XXXVI Festa da Castaña do Courel

En tempo de magostos, a Festa da Castaña do Courel é xa un referente...

Ata o 21 de novembro pódense solicitar axudas á creación de empresas en Monforte

As solicitudes poderán presentarse ata oi 21 de novembro, mediante modelo normalizado, no Rexistro...

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á...