HomesociedadeQueres participar no mercado de Nadal de Monforte?

Queres participar no mercado de Nadal de Monforte?

O Concello de Monforte abre o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal, que se celebrará na Praza de Abastos da cidade os días 21 e 22 de decembro.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta nova edición do Mercado de Nadal na Praza: Agasallos, artesanía decoración e xogos 2019, poderán participar profesionais legalmente constituídos que acrediten o  desenvolvemento dunha actividade económica relacionada coa temática deste mercado: artesáns profesionais, empresas de decoración de Nadal e do fogar, e aquelas actividades económicas relacionadas con agasallos, xoguetería e complementos para o Nadal.

O horario de apertura dos postos será na xornada do sábado 21 de decembro, de 10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30 e domingo 22 de 10:30 a 14:00. Será obrigatorio manter o posto aberto nas datas e horario de apertura ao público indicadas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de novembro de 2019 horas. Os interesados/as en participar deberán presentar unha solicitude, xunto coa documentación requirida nas bases de participación do Mercado de Nadal, no Rexistro Xeral do Concello de Monforte (Campo de San Antonio s/n).

Para calquera aclaración, os interesados poden dirixirse á Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Monforte, acudindo á súa oficina situada nas Casitas da Compañía, s/n, ou no teléfono 982 884 775.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...