Por un Monforte libre de violencias machistas

Coa campaña de “Monforte en negro” dende o Concello proponse a colectivos e empresas vestir de loito a cidade de Monforte, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista.

Monforte en negro / XdL

Do 18 ao 29 de novembro a mensaxe que se lanza ós colectivos e empresas da cidade é “viste a túa tenda, comercio, empresa, bar, posto do mercado, etc. de negro, viste os manequíns, os manteis do teu restaurante, ou a ti mesmo/a de negro”. Da mesma maneira, dende o Concello, facilitarase material e información para levar a cabo esta campaña do xeito máis eficaz e chamativo: repartirase carteleira por todos os establecementos comerciais e hostaleiros da cidade, e tamén posavasos, manteis de papel, bolsas de tela, chapas e pulseiras entre os distintos axentes sociais e económicos implicados na Campaña. Tamén se colgarán pancartas na Torre da Homenaxe, no edificio do Concello, no Centro Cívico e na rúa Cardenal.

As actividades que que se desenvolverán arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, serán os seguintes:

  • Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, que se celebrará o 22 e 29 de novembro, en horarios de 10 a 14 horas e no Centro Cívico Social.
  • Acto do 25 de novembro: ás 12:00 horas terá lugar unha concentración na Praza do Concello onde se lerá o Manifesto a cargo de Margarita López, Concelleira de Muller e Igualdade, para despois realizar unha cadea humana que rodee o río. Para elo, dende o Concello recoméndase que toda a xente que participe no acto vaia vestida de negro.
  • Charlas sobre agresións sexuais e violencia sexual: o mércores 27 de novembro no Salón de actos da Casa da Cultura desenvolverase esta charla informativa a cargo de Angélica Mercado, docente con ampla experiencia en políticas de igualdade. Esta actividade levarase a cabo ao longo de dúas sesións, a primeira de 10:30 a 11:30 h. e a segunda de 12:00 a 13:00 h. estará dirixida ao alumnado de 4º da ESO dos seis Centros de ensino de Monforte.
  • Representación teatral “Invisibles”, a cargo da compañía Redrum Teatro, que terá lugar o xoves 28 de novembro ás 20:15 h. no Edificio Multiusos. A obra terá un prezo de entrada de 5 euros para persoas adultas e de 3 para persoas desempregadas e xubiladas.
  • O venres 29 de novembro ás 11:30 h. no Centro Cívico Social terá lugar unha nova sesión da Mesa de Coordinación para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero, a cal ten como finalidade garantir, fomentar e implementar accións e formulas preventivas xunto cunha atención integral de calidade ás vítimas. A Mesa está composta por profesionais de toda a comarca de Lemos que pertencen a distintas áreas de intervención: Social, Educativo, FF.CC., de seguridade do Estado, Xustiza, Colexio de Avogados, Sanitario,…
  • Xornada formativa sobre a prevención do acoso sexual e por razón de sexo na Administración Municipal: o venres 13 de decembro ás 12:30 h no Salón de Plenos do Concello impartirase unha Charla formativa dirixida ao persoal político e municipal do Concello na que se tratará o contido que recolle a “Guía de prevención de acoso sexual e por razón de sexo na Administración Municipal”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here