HomesociedadeMellora das tarxetas de benvida para impulsar a natalidade no sur de...

Mellora das tarxetas de benvida para impulsar a natalidade no sur de Lugo

Os concellos beneficiados por esta mellora nas Comarcas de Lemos, Quiroga, Chantada e Sarria son todos; un total de 16 agás as cabeceiras de comarca que pasan dos 5.000 habitantes.

Publicado o

- Advertisement -

Os Orzamentos da Xunta para o ano 2020 traerán consigo unha mellora da Tarxeta Benvida que beneficiará de xeito concreto aos concellos do rural de menos de 5.000 habitantes. Así o trasladou a deputada autonómica Raquel Arias, nunha visita ao Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello do Incio, na que estivo acompañada do alcalde, Héctor Corujo, e onde explicou que “as familias que vivan nestes concellos percibirán un incremento do 25% na Tarxeta Benvida, aquela que a Xunta lles concede cando son pais”.

Con esta medida de impulso á natalidade acordada polo Goberno galego, os pais e nais percibirán 1.500 euros polo 1º e 2º fillo e 3.000 euros polo 3º. Os concellos beneficiados por esta mellora nas Comarcas de Lemos, Quiroga, Chantada e Sarria son todos; un total de 16 agás as cabeceiras de comarca que pasan dos 5.000 habitantes (Monforte, Chantada e Sarria).

A maiores, as familias numerosas que teñan un terceiro fillo ou filla (con rendas medias e baixas) recibirán 2.400 euros ao ano dende o seu nacemento ata que cumpran os 3 anos con independencia do lugar no que residan. En concreto, o Goberno galego destina 8,7 millóns de euros nas contas de 2020 para o reforzo da Tarxeta Benvida, un 38% máis que no ano 2019.

En máis de tres anos a Xunta ten concedido máis de 50.000 Tarxetas Benvida, o que supón máis de 50 millóns de euros de investimento desde a súa implantación no 2016.

6.000 TARXETAS BENVIDA

Nas Comarcas de Monforte, Quiroga, Chantada e Sarria a Tarxeta Benvida beneficiou neste 2019 a 1.059 nacementos (dato provisional á espera de que remate o ano). En case catro anos a cifra ascende a preto de 6.000 Tarxetas Benvida nestas comarcas. No caso concreto do Incio, outorgáronse 18 Tarxetas Benvida no mesmo período.

A Tarxeta Benvida supón, agás nos supostos xa especificados, unha axuda directa de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida do bebé para a compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, berces e produtos de hixiene, farmacéuticos e tamén ópticos. Ademais, desde o ano 2017, a axuda estendeuse ata o terceiro ano de vida da nena ou neno para aquelas familias cunha renda igual ou inferior aos 22.000 euros. A axuda solicítase xa durante o embarazo.

O PAI DO INCIO

O Punto de Atención á Infancia do Incio dispón de 20 prazas para nenos de 3 meses a 3 anos. Na actualidade están cubertas 8 prazas, quedan vacantes 12 e o prazo de matrícula está aberto ata que se cubra a totalidade de prazas. Non é requisito imprescindible estar empadroado ou residir no Concello de O Incio para acceder a este servizo, aínda que teñen prioridade no acceso os nenos e nenas empadroados no municipio.

O horario actual de funcionamento do PAI é de 08:30 a 15:30 horas todos os días agás os sábados, domingos e festivos. No mes de agosto o centro permanece pechado por vacacións do persoal. As instalacións son amplas, con luz natural (todas as dependencias dan ao exterior) e está dotado de zona de xogos exterior.

ÚLTIMAS

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...

Cortada a liña entre Montefurado e Monforte por un incendio

Un incendio declarado na infraestrutura ferroviaria mantén cortada desde primeira hora da mañá deste...