HomesociedadePeregrinos medievais en Compostela e 15 minutos para nadar o camiño

Peregrinos medievais en Compostela e 15 minutos para nadar o camiño

A Asociacion do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra vén de pechar a peregrinación que desenvolveu ao longo do ano polo Camiño de Inverno. Participaron da chegada á catedral case un cento de persoas, gran parte delas vestidas como Peregrinos Medievais.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación prepárase para despedir o 2019 e en Monforte tamén quixeron chamar a atención. O Club de Natación da Piscina Municipal de Monforte desenvolveu unha iniciativa para divulgar o Camiño de Inverno. Durante o X Festival de Natación Escolar, os pequenos/as nadadores/as percorreron, brazada a brazada, os 33 km da etapa do Camiño de Inverno, de Quiroga a Monforte. O mellor tempo para o percorrido a nado dos 33 quilómetros foi de 15 minutos.

Membros da directiva da Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra entregarían as medallas aos nenos e nenas participantes. A actividade terá unha segunda parte que se desenvolverá fóra da auga; será na primavera e os nadadores terán que percorrer a pé os 33 km da etapa.

Camiño de Inverno en Compostela / Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra

E a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organiza o III Concurso Fotográfico “Patrimonio artístico do Camiño de Inverno a Santiago”. As fotografías presentaranse impresas en tamaño 30×45 ou 24×30 e en formato dixital; podendo presentar cada participante ata 3 fotografías. No dorso de cada fotografía figurará o lema, o título da fotografía e o lugar onde foi realizada. Por outra banda nun sobre pechado incluiranse os datos persoais do autor: nome, apledios, DNI, domicilio, email e teléfono. Este sobre incluirá no exterior o lema e o título das fotografías presentadas.

As fotografías enviaranse antes do 30 de decembro a: Asociación Caminos a Santiago por la Ribeira Sacra,  C/Historiador Germán Vázquez, nº15, 27400 Monforte de Lemos, Lugo. O veredicto do xurado farase público na segunda quincena de xaneiro. Establécese un primeiro premio de 250 euros, segundo de 150 e terceiro de 100. As mellores forografías seleccionadas formarán parte dunha exposición que se manterá aberta ao público durante un mes, para despois xirar polas aulas de cultura dos concellos da ruta.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...