HomesociedadeO entroido de Salcedo e o rally Dakar reciben axuda da Deputación

O entroido de Salcedo e o rally Dakar reciben axuda da Deputación

A Deputación destina preto de 13.000 euros á Asociación de Veciños de Salcedo e ao Club Team Monforte Rally

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación, José Tomé, mantivo un encontro este xoves no Pazo de San Marcos coa representante da Asociación de Veciños de Salcedo, Noa Moreira, e do Club Team Monforte Rally, Eduardo Iglesias, durante o que asinaron senllos convenios reguladores de subvencións excepcionais que achega a Deputación a ambos colectivos.

A Asociación de Veciños de Salcedo na Pobra do Brollón recibe máis de 2.800 euros para o arranxo de traxes de osos e criados do seu entroido. Para o Club Team Monforte Rally destínanse 10.000 euros cos que a Deputación colaborará no Rally Dakar 2020.

Esta reunión súmase á rolda de contactos que está a manter o Presidente con representantes de diferentes colectivos sociais e municipais co fin de coñecer as súas necesidades e demandas.

Asociación de Veciños de Salcedo e José Tomé / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...