HomesociedadeImpulso á creación de superficies forestais en 27 concellos da provincia

Impulso á creación de superficies forestais en 27 concellos da provincia

Na Terra de Lemos o investimento rolda os 674.800 euros (34,3%) para nove concellos; no distrito Lugo-Sarria, 368.500 euros (18,7%) en seis concellos.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural destinou 1.964.600 euros nos dous últimos exercicios para desenvolver 79 proxectos de creación de superficies forestais en 27 concellos da provincia de Lugo. Na primeira convocatoria, xa rematada, desenvolvéronse 34 proxectos e a segunda, con 45 actuacións, culminarase na primavera do 2020. Neste momento está aberta unha nova orde das axudas para a creación de superficies forestais e o prazo de solicitudes rematará o 22 de xaneiro. O orzamento consignado ascende a 8 millóns de euros.

Estas achegas teñen por obxecto establecer axudas para a creación de superficies forestais mediante plantacións con frondosas caducifolias ou con coníferas, en terras non agrícolas. Están dirixidas ás sociedades de fomento forestal (Sofor), aos propietarios particulares de forma individual, ás asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, ás cooperativas agrarias, aos pro indivisos, aos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ás comunidades de bens, outras persoas xurídicas e ás comunidades de montes veciñais en man común.

Paralelamente, a Consellería abriu unha convocatoria dotada con 1,8 millóns de euros para a concesión de primas de mantemento aos beneficiarios que executaron forestacións ao abeiro deste programa; en concreto, para contribuír ao coidado e á realización de traballos forestais posteriores á plantación de expedientes correspondentes aos anos 2016, 2017, 2018. O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de xaneiro.

Distribución territorial

A maior parte dos investimentos en forestación das últimos dous anos corresponderon ao distrito da Fonsagrada, con 722.500 euros de investimento (o 36,7%) en sete concellos, seguido polo de Terra de Lemos, con 674.800 euros (34,3%) para nove concellos. A continuación sitúanse os distrito Lugo-Sarria, con 368.500 euros (18,7%) en seis concellos; a Terra Chá, con 165.300 euros (8,4%) en tres concellos, e A Mariña con 33.500 euros (1,7%) en tres concellos.

As dúas terceiras partes da superficie da provincia de Lugo (656.842 ha) están ocupadas por superficies de monte o terreo forestal, sendo na súa práctica totalidade de propiedade privada. No ano 2018 Lugo contaba con 831 montes de xestión pública baixo consorcio ou convenio, cunha superficie total de 101.115,53 ha. Isto supón os 47% de montes de xestión pública de toda Galicia. O 21 % desta superficie esta certificada polo sistema de certificación forestal PEFC.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...