HomesociedadeMonforte fórmase en prevención do acoso sexual

Monforte fórmase en prevención do acoso sexual

E este venres o pintor, Arturo Ceide, inaugura no Centro do Viño da Ribeira Sacra unha nova entrega da mostra Ribeira Sacra e outros Patrimonios da Humanidade. A inauguración será hoxe ás 20.00 e poderá visitarse ata o 20 de xaneiro.

Publicado o

- Advertisement -

A Concellaría de Muller e Igualdade de Monforte, a través  do CIM, organiza a Xornada Formativa: Prevención do acoso sexual e acoso por razón de sexo na Administración Municipal, que terá lugar este venres 13 de decembro, ás 12:30 h., no Salón de Plenos do Concello. Encargarase da xornada Tania Merelas Iglesias, Doutora en Ciencias da Educación, postgrao en Xénero e en Políticas Públicas de Igualdade, e  vai dirixida a todo persoal político e municipal do Concello.

Esta sesión formativa ten como obxectivo dar a coñecer e prever o acoso sexual e  o acoso por razón de sexo no ámbito municipal,  partindo dos contidos recollidos na Guía de prevención de acoso por razón de sexo na Administración Municipal publicada polo Concello de Monforte en maio 2019.

O reto actual está en trasladar a través de sesións formativas como a deste venres, os coñecementos prácticos necesarios para  dispor da información sobre como previr, detectar e combater situacións de acoso sexual e por razón de sexo, permitindo a adquisición dun compromiso na que se implique a todo o persoal político e municipal do concello, xerando un proceso de reflexión, sensibilización e aprendizaxe nesta materia

RIBEIRA SACRA E OUTROS PATRIMONIOS DA HUMANIDADE

Outra cita deste venres en Monforte lévanos ao centro do viño da Ribeira Sacra coa exposición do pintor Arturo Ceide. Ceide comezou a fraguar Ribeira Sacra a outros Patrimonios da Humanidade no ano 2010 coa exposición “Luz, auga e Ribeira Sacra”, “Ribeira Sacra e outras luces” no 2011, “Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade” no 2013, “ Ribeira Sacra e outros Patrimonios” no 2016. Sempre incluída dalgunha maneira como estandarte nas súas variadas exposicións, non como idea institucional se non con fin artístico.

“Na Ribeira Sacra coexisten a cultura, a paisaxe, os ceos, as luces, as cores todos eles conceptos realmente universais que temos a obriga de por en valor con orgullo. Amar a terra, leva implícito desexar que sexa apreciada polo resto do mundo, porque este anaco de espectacular factura ten todas as connotacións artísticas especiais para amosarse sen complexo algún a carón de outros lugares”, sinala Ceide

“Na Ribeira Sacra, co seu soberbio románico de amplo estudio, a súa biodiversidade, os seus ríos, a súa climatoloxía, os seus viños e todo o seu potencial humano estamos convencidos de que pode formar parte do conxunto dos Patrimonios da Humanidade. Para moitos de nós a ribeira Sacra xa é Patrimonio do mundo, designala non nos compete, amala si”, conclúe o artista.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...