HomesociedadeO Camiño Francés a Santiago reivindícase en Sarria

O Camiño Francés a Santiago reivindícase en Sarria

Sarria acolleu este luns a X Xunta Directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago coa presenza de 13 alcaldes. Asistiron os municipios de Logroño, Pamplona, Castiello de Jaca, Villafranca del Bierzo, Artieda, Sangüesa, Nájera, Belorado, Frómista, San Andrés de Rabanedo, Triacastela e Castrojeriz, ademais do municipio lucense anfitrión.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, que integra a 100 localidades, celebrou a súa X Xunta Directiva este luns, na Casa do Concello do municipio lucense de Sarria. O alcalde anfitrión, Claudio Melquíades, é actualmente o secretario da Asociación e abriu a xornada salientando o papel do municipio con gran tradición xacobea e berce de Elías Valiña Samperdro, párroco do Cebreiro considerado o gran impulsor do auxe das actuais peregrinacións a Santiago de Compostela. A reunión foi a primeira da recentemente estreada nova Xunta Directiva da AMCS que decidirá o rumbo da Asociación ata o ano 2021.

Tras a presentación dos membros da nova xunta directiva, deuse conta do informe das accións desenvoltas no cuarto trimestre de 2019 e fíxose avance do plan de traballo de 2020. Os trece municipios sumarán esforzos para fortalecer, protexer e reivindicar o papel do Camiño de Santiago Francés dentro dos Roteiros Xacobeos a Santiago como o “O Camiño máis representativo da antigüidade, Patrimonio da Humanidade, 1º Itinerario Europeo e o único declarado Ben de Interese de Cultural”.

X Xunta Directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago / RA

Os socios directivos tamén apoiaron a instancia do Concello de Sarria para defender a reconstrución e rehabilitación da ‘Ponte Ribeira’, ponte do municipio que se derrubou hai cinco anos e que databa de 1.252 como elemento funcional do Camiño de Santiago e Patrimonio Cultural de Galicia vinculado ao Roteiro por Sarria. Será obxecto de próximas decisións instar a Patrimonio e á Confederación Hidrográfica do Miño Sil á autorización inmediata para a instalación dunha pasarela provisional e, posteriormente, á redacción de proxectos para a reconstrución, rehabilitación e posta en valor da antiga ‘Ponte Ribeira’ tal e como orixinariamente foi concibida como paso de peregrinos.

ÚLTIMAS

A lista de espera cirúrxica no Hospital de Monforte está 31 días por baixo da media galega, asegura o PP

Encarna Amigo e Katy Varela aseguraron que “o Hospital de Monforte consolidouse como un...

Poxa de gando en Seoane do Courel

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este sábado 17 de maio...

Encontro do CEO do Grupo Indukern, ao que pertence Kern Pharma, co Alcalde e a Tenente de Alcalde monfortinos

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Tenente Alcalde, Gloria Prada Rodríguez,...

O festival de Sarria ‘Move os teus marcos’ cambia de data

Dadas as previsións de choiva para a xornada deste domingo 18 de maio, día...