HomesociedadeO Muferga destina 142.000 euros a melloras

O Muferga destina 142.000 euros a melloras

O Museo do Ferrocarril de Galicia, situado en Monforte de Lemos, vén de aprobar o orzamento e o plan de actuación para o vindeiro ano, que inclúe a restauración de dúas vías e dunha sección da rotonda así como arranxos na cuberta da nave principal, entre outros proxectos.

Publicado o

- Advertisement -

A principal actuación que se executará nos próximos meses será a reposición de dúas vías, cun orzamento estimado de 45.000 euros. Unha é unha vía morta para apartar material ferroviario e a outra unha vía chamada de escape para entrar na rotonda.

Igualmente, está previsto acometer a primeira fase da restauración da nave de fundición, un edificio moi emblemático que contén fornos e chemineas da época dos trens de vapor. Para elo, requírese renovar a cuberta con tella plana, repoñer os vidros das amplas ventás,  pavimentar o chan e substituír o peche. O orzamento para o vindeiro ano será de 15.000 euros.

Continuarán as melloras na rotonda, que se rehabilitou recentemente, e como obra complementaria vaise actuar sobre unha sección concreta instalando portóns en tres ocos -dos 19 con que conta- que permitirán manter pechadas tres vías nas que realizar traballos varios co material do museo. Tamén se cimentará unha beirarrúa ao longo do perímetro interior da rotonda para facilitar os desprazamentos peonís entre vías. O custo destas  medidas ascenderá a 12.500 euros.

Rotonda Museo Ferrocarril/Muferga

Polo que respecta ao mantemento da nave principal, este ano incluiranse arranxos na cuberta por importe de 6.000 euros para evitar filtracións de auga. O Museo tamén ten en proxecto trasladar ás súas instalacións dous tractores antigos que están no Museo de Camilo Jose Cela, en Padrón, para a súa futura restauración.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...