HomesociedadeOs premios HGg&T chegan á Ribeira Sacra

Os premios HGg&T chegan á Ribeira Sacra

14 adegas da D.O. Ribeira Sacra recibiron, nas instalacións do Consello Regulador, as medallas individualizadas que as acreditan como triunfadoras das catas HGg&T, celebradas durante o ano 2018.

Publicado o

- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra, nas comparativas celebradas no 2018, resultou premiada con 18 distincións, 4 ouros, 7 pratas e 7 bronces para as 14 adegas convocadas a esta entrega de diplomas. Diplomas que certifican que obtiveron algunha medalla de ouro, prata ou bronce nas catas do pasado ano, demostrando unha aposta continua pola calidade: Chao do Couso, Adegas Cachín, Ronsel do Sil, Regina Viarum, Vía Romana, Abadía da Cova, Ponte da Boga, Casa Moreiras, Lar de Ricobao, Virxen dos Remedios, Val da Lenda, Finca Míllara, Ámedo e Alma das Donas.

A entrega deste mércores pola tarde é a continuación da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada en Santiago de Compostela o pasado mes de outubro, na que foran proclamadas estas distincións. Naquela ocasión, fíxoselle entrega aos Consellos Reguladores das certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados. Nesta ocasión tocaba entregar a distinción, individualmente, a cada empresa distinguida. Do acto de entrega de distincións participaron en representación do C.R.D.O.R.S., Marta Villén, o Director fundador da revista HGg&T, Guillermo Campos e Luis Buitrón representando a Asociación Galega de Enólogos (AGE),  membros “oficiais” dos paneis de Cata da revista.

Guillemo Campos aproveitaba a proximidade das datas de Nadal para animar a todos a beber viño con D.O. nestas festas, “A revista funcionou como nexo de unión co sector do viño e desenvolvemos un traballo de defensa dos viños galegos, por iso nestas datas, animamos á xente a beber viños galegos con Denominación de Orixe.”

Este mércores tamén se celebraba na sede do C.R.D.O.R.S. a renovación do convenio entre a D.O. Ribeira Sacra e a ABANCA. O novo convenio financeiro medra con novas opcións de crédito para atender as demandas dos viticultores asociados e do Consello Regulador.
Os viticultores tamén poderán acceder a préstamos específicos con prazos de amortización amplos e xuros baixos. A oferta complétase con outros produtos como liñas de comercio exterior, financiamento a través de leasing, confirming, factoring, avais e anticipos de subvencións ou impostos.

Convenio CRDORS / CRORS

ÚLTIMAS

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...