HomesociedadeMonforte quere darlle visibilidade á Esclerose Lateral Amiotrófica

Monforte quere darlle visibilidade á Esclerose Lateral Amiotrófica

O concello iluminará de cor verde a Torre da Homenaxe tras a solicitude da Asociación Galega de ELA.

Publicado o

- Advertisement -

A esclerose lateral amiotrófica, comunmente coñecida como ELA, é unha enfermidade neuromuscular que ten moitas consecuencias como son a debilidade muscular progresiva que avanza cara a parálise total do doente e onde a capacidade de falar, mastigar, tragar e respirar tamén se ven afetadas. Con todo, tanto a sensibilidade como a intelixencia non merman.

A maior parte dos doentes diagnosticados por ELA teñen idades comprendidas entre os 40 e os 70 anos e a porcentaxe de homes afectados e maior que a de mulleres. En España, uns 900 casos novos son diagnosticados cada ano; a esperanza de vida dende o diagnóstico é de 5 anos para un 80% dos doentes.

Por este motivo, o Concello de Monforte iluminará , o 21 de xuño, de cor verde a Torre da Homenaxe tras a solicitude da Asociación Galega de ELA co obxectivo de dar visibilidade á enfermidade.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...