HomesociedadeNa defensa da vida digna nas comarcas interiores galegas

Na defensa da vida digna nas comarcas interiores galegas

Interior Galego Vivo ponse en marcha como plataforma aberta para a defensa da vida digna nas comarcas interiores galegas, constituíndose como plataforma aberta a candidaturas municipalistas, asociacións, colectivos e persoas a título individual, coa premisa de loitar por un rural e interior galego onde vivir digna e sustentablemente.

Publicado o

- Advertisement -

A Plataforma combina a proposta de alternativas, con denuncias, accións directas ou xornadas formativas, sendo unha rede de apoio mutuo entre candidaturas e sociedade civil destes territorios,.

Na IIª Asemblea de IG-Vivo acordouse facer partícipe á sociedade civil das figuras de protección e distintivos en curso (Reserva da Biosfera, candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade) para que estas protexan realmente o medio e o Patrimonio e non entorpezan as actividades tradicionais. Reivindicaranse alternativas produtivas no territorio máis aló do turismo masivo sen planificar e esixindo unha política de vertebración territorial, así como a necesidade de potenciar os sectores produtivos primarios.

Demandar un transporte colectivo axeitado ás necesidades do medio rural, como taxis compartidos bonificados para atender as necesidades de mobilidade de viaxeiras nas parroquias máis pequenas e dispersas. Impulsar e apoiar ás Comunidades Veciñais de Montes en Man Común. A este respecto, celebrarase en Chantada unha xornada formativa en xaneiro. Estudo de alternativas de desenvolvemento a nivel rexional. Proposta de medidas para mellorar a información do Catastro e evitar os valores non acordes á situación socioeconómica do rural.

IG-Vivo asegura que traballarán para solicitar á Deputación de Ourense que impulse un Plan Único de investimentos, apoiarán á mobilización de xaneiro na defensa dos hospitais comarcais e contra o peche do paritorio de Verín, defenderán as condicións laborais dignas no Servizo de Axuda no Fogar e ampliación do servizo para cubrir as necesidades

O colectivo amosa a súa preocupación polo cambio climático e aseguran que analizarán o Proxecto de lei de Ordenación do Territorio de Galicia e faranse achegas ao Parlamento

Na vindeira xuntanza que se celebrará no Courel na primavera de 2020 tratarán: erros do catastro e propostas de mellora, emerxencia climática, Comunidades de Montes, nova PAC e desmantelamento das oficinas comarcais, así como dereito ás telecomunicacións e internet no rural.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...