HomesociedadeSarria aposta polo intercambio de xoguetes

Sarria aposta polo intercambio de xoguetes

Aqueles nenos e nenas que queiran participar nesta acción poderán cambiar con outros nenos e nenas os xoguetes que xa non usen. Esta actividade terá lugar os días 30 de decembro, 2 e 3 de xaneiro na Casa da Cultura de Sarria en horario de mañá e de tarde.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sarria aposta por esta interesante iniciativa e cita as verbas de Froebel “na educación inicial do neno, o xoguete é un proceso esencial” para presentala a través das redes sociais.

Fronte ao costume e proceso habitual de mercar, usar e tirar, con esta acción o que se pretende é apostar pola “cultura de intercambiar”. Tratarase dun intercambio, no que a nena ou o neno que deixe un xoguete, poderá levar outro de tal maneira que aqueles xoguetes en bo estado que están un pouco apartados ou esquecidos poidan ter unha segunda vida.

Esta actividade contribuirá a asentar valores fundamentais e unha educación integral nos pequenos e pequenas fomentando distintos obxetivos: compartir, colaborar, respectar, conformarse, reciclar, reutilizar…

O punto de intercambio será a Casa da Cultura de Sarria e poderase participar no proceso o luns 30 de decembro e os días 2 e 3 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:30 h. pola mañá e de 17:00 a 20:00 h. pola tarde.

Dende o concello animan a levar os xoguetes eses días, xa sexa para intercambiar ou para doar, e de paso aproveitar xa a visita tamén para entregar as cartas dos Reis Magos aos Paxes.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...