HomesociedadeSober inaugura o centro de xogo infantil A Mariola

Sober inaugura o centro de xogo infantil A Mariola

O Concello de Sober inaugurou este xoves, día 2, o centro de xogo infantil ‘A Mariola’ emprazado na Praza do Pulpo da localidade. O acto de inauguración estivo presidido polo alcalde, Luis Fernández Guiitán, e o xerente do GDR Ribeira Sacra-O Courel, Martín Alemparte.

Publicado o

- Advertisement -

‘A Mariola’ será un centro de xogo no que celebrar festas de cumpreanos e outros eventos infantís. Usuarios e familias poderán facer uso do centro de balde. O centro está equipado cunha área de xogo, un parque de bolas e xogos de mesa, ademais de cociña e mesas, aseos, zona de recepción e sala de espera.

O centro ten 90 metros cadrados e está equipado cunha área de xogo, un parque de bolas e múltiples xogos de mesa, entre outros. Tamén conta con cociña e con mesas para facer actividades ou para merendar. Tan ademais aseos, unha zona de recepción e unha sala de espera para os adultos.

O investimento realizado alcanza os 37.000 euros, cunha axuda do LEADER a través do GDR Ribeira Sacra-Courel e outra achega do Concello. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima ás familias a achegarse a coñecer ‘A Mariola’, “un novo espazo de xogo no que os nenos e nenas poden entreterse e divertirse na localidade”.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...