Homesociedade38 fermosas fotos de Pantón esperan a vosa votación

38 fermosas fotos de Pantón esperan a vosa votación

Segredos de Pantón, organizador do II Concurso Fotográfico de Nadal, dará a coñecer as 3 fotos máis votadas o día de Reis.

Publicado o

- Advertisement -

A calidade das fotos presentadas a concurso este ano é excepcional. Así o comentan os organizadores e queda patente despois de ver unha a unha as obras enviadas polos participantes deste ano.

O prazo para entrar en concurso rematou o pasado 31 de decembro e agora será o público o que escolla a súa preferida de entre 38. Aqueles que queiran participar na votación poden entrar nunha aplicación habilitada pola organización e votar pola fotografía que máis lle guste antes do día 6 de xaneiro. Unha persoa, un voto.

“Empardecer en Atán” Cima de Atán (Santo Estevo de Atán) / SdP

Dende a organización desexan moita sorte a tódalas persoas participantes e lembran que o 6 de xaneiro ás 17:00 darán o nome das 3ª primeiras imaxes, fotografías máis votadas polo público e que levarán os premios do certame deste ano.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...