HomesociedadeOs Reis chegan en tren a Monforte

Os Reis chegan en tren a Monforte

Publicado o

- Advertisement -

A Cabalgata de Reis do Concello de Monforte, celebrarase, como é tradición, este domingo 5 de xaneiro. Ás 16:50 horas está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente á Estación do Ferrocarril da cidade. Dende alí, a Comitiva Real irá encabezada por unha carroza en forma de estrela á que seguirán 4 cisnes e 4 fadas, as 3 carrozas Reais e os seus paxes, así coma o Grupo de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos e unha charanga. A comitiva de paxes estará formada por 100 nenos e nenas de 6º de primaria dos centros educativos de Monforte.

A Comitiva Real partirá arredor das 18:00 h. dende a Praza da Estación, e percorrerá as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia, finalizando no Campo de Santo Antonio ante a Casa do Concello, onde os Reis Magos serán recibidos polo Sr. Alcalde do Concello de Monforte de Lemos e demais autoridades e membros da corporación municipal.

A continuación as Súas Maxestades de Oriente lerán o discurso de Reis dende o balcón do Concello, finalizando a súa visita coa recepción ós nenos e ás nenas da cidade na planta baixa da Casa do Concello.

Scalextric Rali Slot de Monforte  

A 4ª edición do Campionato de Scalextric-Rali Slot de Monforte está a ultimar os preparativos para abrir mañá as súas portas na Praza de Abastos de Monforte, e ata o vindeiro luns 6 de xaneiro.

Deste xeito, aínda que o campionato dará comezo ás 15.30 horas do sábado 4, xa pola mañá dende as 11:00 horas. Os horarios completos son: o sábado 4 de 11 a 13:30 horas durante a mañá, e pola tarde de 15:30 a 20:30 horas. Mentres que na xornada de domingo 5 e luns 6, o horario será de 11 a 14 horas.

Os organizadores do evento, como novidade este ano, montarán 2 pistas da marca Ninco con 2 circuítos de  diferentes tamaños, máis grandes e cunha decoración especial para a ocasión.

Os participantes no campionato, así como nos adestramentos, poderán traer os seus propios coches e mandos. Pero se non dispoñen deles, dende a organización se lles prestarán de xeito gratuíto, co cal todo aquel que desexe probar e pasar unha boa fin de semana competindo nos Scalextric poderá facelo con total comodidade.

O campionato está dividido en 3 categorías: infantil, mulleres e sénior, e nel poden participar persoas de todas as idades, dende os 2 anos. Para elo, deben formalizar previamente a súa inscrición na propia Praza de Abastos. A inscrición é de balde.

Para as diferentes categorías, se competirá nas dúas pistas mencionadas, dándolle tres pasadas a cada un dos tramos. Fora da competición oficial poderase practicar libremente nas pistas.

Para os primeiros e primeiras clasificadas nas diferentes competicións haberá trofeos e agasallos doados polas casas comerciais de Monforte que colaboran neste evento: xoguetes, vales de desconto, etc.

ÚLTIMAS

O BNG esixe a ADIF habilitar un paso peonil na estación de Santo Estevo de Sil en Pantón

A organización nacionalista esixe diálogo coa veciñanza para acordar a solución máis adecuada, recuperando...

Mellórase con 200.000€ a eficiencia enerxética e o illamento do Pavillón Municipal de Ribas de Sil

O pavillón é un edificio de titularidade municipal que forma parte do complexo docente...

112.000€ para renovar os parasois da grada do campo de fútbol da Pinguela

O Campo Municipal de Fútbol da Pinguela conta cunha bancada nun dos seus laterais....

A Muiñeira de Chantada ou a Rianxeira, cal é a máis representativa de Galicia?

Para asistir á gravación do programa, o Concello de Chantada puxo un autobús no...