HomesociedadeValoración das sentenzas dos crimes de Ana Enjamio e Diana Quer

Valoración das sentenzas dos crimes de Ana Enjamio e Diana Quer

ASOCIM insta a contabilizar nas estatísticas oficiais a todas as vítimas de violencia machista, independentemente da relación que mantiveran co seu asasino. Ata o momento só se recollen aquelas mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas, que xa suman un total de 1.033 desde que existe rexistro, ano 2003.

Publicado o

- Advertisement -

A asociación que agrupa aos técnicos e técnicas dos CIM de Galicia (ASOCIM) traslada nun comunicado a súa valoración polas recentes sentenzas dos crimes machistas de Ana Enjamio e Diana Quer.

A nivel global, ASOCIM valora de forma positiva as condenas de César Adrio polo asasinato de Ana Enjamio e de José Enrique Abuín Gey, coñecido como O Chicle, polo de Diana Quer. A organización considera xustas ámbalas dúas sentenzas, dada a crueldade dos dous crimes machistas que máis sacudiron a conciencia da sociedade galega nos últimos tempos. En relación ao caso de Ana Enjamio, a asociación congratúlase de que se contemplara a agravante de xénero e agarda que se estime en procesos análogos futuros. Non obstante, a Xustiza non considerou a violencia de xénero e a agresión sexual no referente a Diana Quer.

ASOCIM chama á aplicación da perspectiva feminista tanto a nivel xudicial como na abordaxe informativa nos casos de violencia machista que permita contextualizar o ocorrido na problemática social, fuxindo do suceso e o morbo.

O Chicle foi condenado a prisión permanente revisable e a dez anos de liberdade vixiada polo asasinato de Diana Quer con aleivosía, ademais de detención ilegal e un delito contra a liberdade sexual. Pola súa parte, César Adrio foi condenado a 30 anos e catro meses de cárcere polo crime, con asañamento, concorrendo as agravantes de xénero e de parentesco, de Ana Enjamio.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...