HomesociedadeMonforte destina 12.000 euros a asociacións sen ánimo de lucro

Monforte destina 12.000 euros a asociacións sen ánimo de lucro

Con estas axudas, o Goberno municipal intenta facilitar recursos de inclusión social, garantir a autonomía persoal e brindar oportunidades sociais e educativas, así coma axudar a previr a aparición de dependencia, desigualdade ou desprotección a aquelas persoas máis vulnerables.

Publicado o

- Advertisement -

Esta liña de axudas ten por obxecto, en verbas do Alcalde, José Tomé Roca, “fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social, previamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, atendendo ó seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios”.

A contía destinada a estas subvencións para actividades realizadas no ano 2019 ascendeu a 12.000 euros, sendo 2.000 euros a contía máxima de cada subvención.

Quedaron excluídas desta liña de axudas as entidades e asociacións de carácter exclusivamente cultural, veciñal, xuvenil, deportivo, ANPAS e profesionais. As subvencións aprobadas pola Xunta de Goberno do Concello foron:

NÚM. ASOCIACIÓNS INSCRITAS NO REXISTRO IMPORTE SUBVENCIÓN
1 AGORA 2.000 €
2 AUXILIA 2.000 €
3 ALBORES 2.000 €
4 AFAMÓN 2.000 €
5 CIOR GALICIA 2.000 €
6 RULIÑOS TERRA DE LEMOS 802,85 €

 

Todas estas axudas son independentes das actividades que se levan a cabo dende a Concellería de Servizos Sociais dentro do programa Activa Monforte, que se desenvolven no Centro Cívico e nas diferentes parroquias do Concello.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...