HomesociedadeXogadores de toda España teñen cita co futbolín no Incio

Xogadores de toda España teñen cita co futbolín no Incio

O I Campionato de Futbolín Concello do Incio celebrarse o 15 de febreiro. Xa está aberto o prazo para inscribirse nunha proba, que traerá á localidade a xogadores de toda España.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Incio vén de abrir o prazo de inscrición para anotarse no I Campionato de Futbolín Concello do Incio que se vai celebrar no pavillón da localidade o vindeiro 15 de febreiro.

O torneo de futbolín traerá á localidade a xogadores de toda España. Van participar deportistas de primeira e segunda categoría e tamén locais. Tamén haberá categoría de elite. As categorías serán primeira, segunda, terceira e locais e haberá premios en metálico, trofeos, medallas e cestas de produtos. As dúas parellas gañadoras do torneo celebrado o pasado 29 de decembro no Incio conseguiron como premio a inscrición gratuíta no I Campionato de Futbolín Concello do Incio.

Para as inscricións deben dirixirse ao Concello ou ao número 637176984. Para levar a cabo esta actividade o Concello do Incio conta coa colaboración de Lucus Recreativos.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...