HomesociedadeManifestación na piscina municipal de Monforte por retrasos nas nóminas

Manifestación na piscina municipal de Monforte por retrasos nas nóminas

CCOO convoca unha concentración para este día 9, entre as 18.00 e as 20.00 h., diante das instalacións da piscina municipal de Monforte. Os traballadores protestan porque a empresa adxudicataria do servizo, Alacer Ocio y Deporte, leva varios meses sen pagar as nóminas.

Publicado o

- Advertisement -

CCOO chama á participación de traballadores e usuarios da piscina climatizada nesta concentración. A convocatoria ten obxecto reivindicar a solución da situación na que se atopan os traballadores que levan meses de cobrar ou con retrasos.

16 persoas traballan para a empresa ourensá, Alacer, Ocio y Deporte, que no 2015 se fixo coa xestión destas instalacións, propiedade do Concello de Monforte. Fai tempo que a empresa solicitou ao concello, máis cartos para seguir xestionando o servizo, e fai tempo tamén, que se produce esta situación de impago ou de retrasos nas nóminas.

Usuarios das instalacións e veciñanza apoian as demandas dos traballadores. Lamentan que a axudicataria sexa unha empresa de fóra, que ademais non cumpre cos traballadores e suxiren que a xestión sexa municipal.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...