HomeCulturaFachós de Castro Caldelas, innovando a tradición

Fachós de Castro Caldelas, innovando a tradición

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro. Ademais da procesión dos fachós, que comenzará sobre as 19.00 horas, encabezada por un fachón de 30 metros; haberá chourizada, queimada e música en directo, para pechar esta tradición de culto ao lume.

Publicado o

- Advertisement -

A festa comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite, converténdose nunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia. Centos de fachós saen en procesión do Santuario dos Remedios para percorrer o Casco Histórico, arrodeando o Castelo e facendo o percorrido en  plena escuridade (soamente o Castelo está iluminado). A procesión vai presidida por un Fachón dun mínimo de 30 metros por detrás da imaxe do San Sebastián. Remata a procesión no atrio do Santuario onde se queiman todos os restos formando unha gran fogueira, culminando o rito do lume purificador en medio do toque de campás.

‘Gran Fachón’ no Santuario dos Remedios. Foto: Concello

Malia que a Festa dos Fachós é una tradición ancestral, non se pode determinan a súa orixe con certeza. As primeiras referencias escritas das que se ten constancia son do ano 1751, sendo una das celebracións máis antigas de Galicia.

Sobre os orixes da Festa dos Fachós de Castro Caldelas hai escritos que falan das tradicións celtas relacionadas co lume. O escritor ourensán, Vicente Risco, relaciona esta festa cos ritos celtas de culto ao sol. Outra hipóteses apunta ao século XVIII para referirse á orixe do ritual, cando unha peste de cólera asolou a comarca caldelá, foi entón cando os veciños rogaron a San Sebastián e San Roque para que intercederan e remataran coa enfermidade, facendo unha fogueira para queimar todas as pertenzas dos infectados. Finalmente, outra tradición vincula a orixe da celebración á conmemoración da busca que fixeron os cristiáns para atopar o corpo do santo a noite que foi martirizado.

Desta dos Fachós / XdL

Antigamente a elaboración dos fachós facíase coa palla da sega, que se obtiña despois de sementar o centeo e segar. Actualmente esta práctica foise perdendo ata quedar en desuso, polo que un dos inconvenintes para seguir mantendo esta tradición é a falta de palla para facer os Fachós. Por elo o Concello de Castro Caldelas é o que se encarga de sementar cada ano o centeo, de segar, carrexar e mallar ao igual que se facía tradicionalmente, preparando a palla e gardándoa no palleiro para a celebración. “A maior innovación é continuar facendo a festa ao vello estilo tradicional polas dificultades que entraña e o traballo arduo que comeza un ano antes (sementa, sega, carrexa, malla)”, sinalan desde a organización.

Festa dos Fachós / Concello de Castro Caldelas

Neste enlace pódese ver vídeo da Festa dos Fachós.

…e de edicións anteriores 

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...