HomesociedadeOs museos de Quiroga reciben 7.000 visitas no 2019

Os museos de Quiroga reciben 7.000 visitas no 2019

Museo Etnográfico e Xeolóxico recibiron por separado unhas 3.500 visitas, sendo lixeiramente superior o número de visitas do Museo Etnográfico. A oficina municipal de turismo, pola súa banda, recibiu presencialmente a 4.300 persoas.

Publicado o

- Advertisement -

Ademais das visitas aos museos, a oficina de turismo atendeu presencialmente no 2019, a máis de 4.300 persoas que pedían información basicamente sobre Quiroga, destacando a demanda de información sobre o túnel romano de Montefurado, o Camiño de Inverno e o relacionado co aceite. O Courel e as rutas de sendeirismo tamén foron das informacións máis demandadas nesta oficina de turismo.

Os visitantes do concello de Quiroga son maioritariamente galegos, cun 29’57%; seguidos moi de preto por visitantes chegados dende Cataluña, 21’48%. Os madrileños que visitan Quiroga tamén ocupan unha porcentaxe importante, xa que acadan un 15’24%. Tamén se contabilizou un número importante de persoas estranxeiras, xa que o 10’48 % visitantes durante o ano 2019 procedían doutros países.

Con estes datos, aos que se lles suman as 22.000 visitas que recibiron os contidos turísticos da páxina web do Concello de Quiroga, confírmase o interese que o concello está espertando como lugar de turismo, sobre todo nos amantes da natureza, coa declaración de Xeoparque Mundial pola Unesco.

Museo Xeolóxico de Quiroga. Fonte: turismo.deputacion.lugo.gal

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...