HomesociedadeA terceira Foliada Guímara será na Ferreirúa

A terceira Foliada Guímara será na Ferreirúa

Este venres, 24 de xaneiro, ás 21.00, terá lugar a terceira foliada do ciclo organizado polo Concello da Pobra do Brollón e a Escola municipal de Música ‘Samoeiro’, en colaboración coas diferentes asociacións veciñais do Concello.

Publicado o

- Advertisement -

Esta terceira Foliada Guímara será no local social da Ferreirúa, en colaboración coa Asociación Veciñal desta parroquia. Como nas anteriores dúas foliadas, haberá barra e tamén ofrecerase caldo. Nesta edición, para fomentar unha festa libre de lixo, anímase aos asistentes a levar dende casa o seu vaso, e tamén unha cunca e culler para o caldo.

As Foliadas Guímaras xorden co obxectivo de primeiro, descentralizar a programación cultural do Concello para levala polas diferentes parroquias e segundo, animar aos alumnos da Escola municipal de Música a poñer en práctica o aprendido nas clases.

En todo caso, son eventos abertos de participación libre e anímase a tódolos veciños da Pobra ou da contorna a achegarse. Nesta edición anúnciase que ademais da foliada haberá algunha sorpresa musical, que se desvelará no evento.

ÚLTIMAS

Decoracións de Nadal no rural de Pantón

Dende o pasado sábado 13 de decembro, e ata pasar Reis, pódense ver as...

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...