HomesociedadePolítica de mobilidade para a comarca de Lemos

Política de mobilidade para a comarca de Lemos

Reformular a política de transporte público na comarca de Lemos, facéndoo desde a colaboración e coordinar o transporte público por estrada co servizo rexional ferroviario, demandas de Podemos O Saviñao.

Publicado o

- Advertisement -

Podemos O Saviñao considera que a Xunta debería meditar sobre a rexionalización do transporte ferroviario e asociar os demais sectores do transporte público urbano e interurbano. “Desta forma converterase nun actor público maior da mobilidade, enlazando mellor con todas as modalidades de transporte”

Lembran que en setembro do 2018 apoiaron a constitución da plataforma en defensa do servizo público ferroviario de  Monforte de Lemos. Desde entón, aseguran, que a articulación do transporte de viaxeiros por estrada co servizo ferroviario segue sendo unha das principais deficiencias do transporte público.

Podemos O Saviñao fala de potenciar o transporte público a nivel comarcal e interprovincial, coordinando o transporte público por estrada co servizo rexional ferroviario, dúas modalidades de transporte que aseguran, levan décadas ignorándose mutuamente.

Estación de autobuses Monforte / Podemos O Saviñao

Segundo esta formación, unha zona penalizada pola desindustrialización non pode estar á marxe da revolución do transporte que se dá nas principais cidades e apuntan a necesidade de de contar cunha estación multifuncional, no canto de ter dúas estacións “separadas con 10 minutos de traxecto a pé.”

No caso da estación de Monforte, Podemos O Saviñao lamenta a situación na que se atopa a estación e a súa contorna e sinala que, “como veciños comarcais consideramos que tanto Adif como o Concello Monforte deberían concertarse para realzar este lugar, pola súa actividade comercial, e por ser unha das portas de entrada de viaxeiros”.

Estación de tren Monforte / Podemos O Saviñao

O plan transporte no rural 2020 (exemplo de Currelos)

Segundo Podemos O Saviñao veciños de Currelos teñen manifestado a súa queixa por non dispoñer de máis servizos fóra da tempada escolar, fins de semana e festivos para desprazarse cara Monforte, Lugo ou Paradela.

Sinalan que, en diante, Concello e a Xunta non poderán garantir un transporte público como antes en calquera parroquia e apuntan como última opción, a solidariedade veciñal e/ou o coche compartido usando as redes sociais a través de plataformas.

“Agora non hai tanta xente nin para ir á estación de autobuses como de tren, e o pesimismo reina entre todos, os traballadores que quedan e os usuarios,” sinalan.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao solicita do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra dúas intervencións turísticas no municipio

A Asociación Veciñal do Saviñao asegura que o Consorcio de Turismo sinalizou algunhas rutas...

Sarria acollerá o 12 e 13 de setembro as dúas primeiras etapas da Volta a Galicia

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o presidente da Federacion Galega...

120.000€ para a ampliación do aparcadoiro do Polígono do Reboredo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo onde se...

Mobilizacións contra os recortes no ensino en Ribas de Sil e Sober

Este domingo pola mañá, concretamente ás 11:00 h., daba comezo no CEIP de San...