Homesociedade32.000 euros para melloras na potabilizadora de Canaval, en Sober

32.000 euros para melloras na potabilizadora de Canaval, en Sober

As obras, realizadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a través de Augas de Galicia, permitirán incrementar os seus niveis de rendemento e a seguridade das instalacións.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se renovaron elementos como un grupo hidráulico e unha bomba soplante procedendo ademais ao baleirado e limpeza dun dos filtros de area. Estas actuacións garanten o axeitado funcionamento das bombas de impulsión de auga e un eficaz proceso de limpeza, favorecendo o correcto aireado para remover partículas en suspensión e lodos.

Balseiro lembrou que Augas de Galicia tamén rematou recentemente no municipio os traballos que dotaron da rede de saneamento aos núcleos de Ferrón, Suairexa e O Piñeiro, na parroquia de Santa María de Bolmente, cun investimento de 243.000 euros cofinanciados con fondos Feader. Para levar a cabo esta obra houbo que construír un colector principal de 1,2 quilómetros e ramais secundarios de case 2 quilómetros de lonxitude, así como unha depuradora para unha poboación equivalente de 120 habitantes e outros elementos necesarios para o funcionamento do sistema de depuración.

Balseiro lembrou que este tipo de colaboracións entre a Xunta e os concellos garanten a subministración de auga á cidadanía en condicións óptimas de calidade e cantidade, e dan cumprimento á Directiva Marco da Auga, xa que se avanza nas obras de infraestrutura necesarias para mellorar o uso dos recursos hídricos, contribuíndo así a un consumo responsable.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...