HomesociedadeNova oferta de liñas e horarios para o transporte de autobús de...

Nova oferta de liñas e horarios para o transporte de autobús de Monforte

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa de que o servizo de transporte de Monforte de Lemos conta cunha nova oferta de liñas e horarios que comezou a funcionar o pasado 1 de xaneiro e que atende ao establecido no Plan de Transporte de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou que os anteproxectos deste plan publicáronse o 31 de xaneiro do 2019 para sometelos a información pública, e nin o concello de Monforte nin ningún particular presentou alegación algunha para modificar a proposta da área territorial de Monforte.

No que respecta ás conexións entre Monforte e Lugo, increméntanse as expedicións ata oito servizos por sentido e día, entre as 6:35 horas e as 22:05 horas. Con Ourense mantéñense tres servizos por sentido e día durante todo o ano, incluídas as fins de semana.

Igualmente, mantéñense os servizos con Lugo e Santiago adaptando os horarios para cubrir as necesidades de traballadores e estudantes. Así Monforte e Santiago dispoñen de liña de luns a venres, con ida ás 7:50 horas e volta ás 15.00 horas. Ademais, os venres e vésperas de festivo hai outro servizo en horario de tarde durante o período lectivo, e os domingos durante todo o ano.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...