HomesociedadeBóveda baila breakdance

Bóveda baila breakdance

O Concello de Bóveda vén de abrir o prazo de matrícula para asistir ás clases de breakdance (breaking ou danza urbana) que se van celebrar no Centro Sociocultural da localidade. O día 5 de febreiro haberá unha clase de proba para quen queira asistir.

Publicado o

- Advertisement -

As prazas para participar no curso de breakdance son limitadas e o prezo é de 10 euros ao mes. Haberá dúas modalidades, ambas os mércores, para nenos e nenas de ata 12 anos; de 16:30 a 17:30 horas, e de 17:30 a 18:30 horas para adultos, a partir dos 12 anos.

Terán preferencia aquelas persoas que estean empadroadas no Concello de Bóveda, aínda que a actividade está aberta a quen queira asistir.

A actividade dará comezo o mércores día 5 de febreiro cunha clase aberta a todas as persoas que queiran asistir e coñecer esta disciplina, que por vez primeira será unha modalidade olímpica nos próximo xogos de Tokio.

As clases van ser impartidas por un monitor de proxección internacional do Club de Breaking A Rúa. As persoas interesadas en anotarse ou en obter máis información poden facelo no Concello de Bóveda, no Centro Sociocultural ou no teléfono 982 42 61 77.

ÚLTIMAS

O Quixós non falta á súa cita co descenso do Cabe en Aninovo

O Club Quixós instaurou dende hai uns anos a tradición de comezar o ano...

3000 prazas para o Coñece a túa provincia que abre prazo do 12 ao 16 de xaneiro

Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de...

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...