HomesociedadeO servizo de axuda a domicilio de Monforte reune a familiares coidadores

O servizo de axuda a domicilio de Monforte reune a familiares coidadores

O centro cívico-social de Monfote acolleu esta pasada semana un obradoiro dirixido a familiares que teñen persoas dependentes ao seu cargo, beneficiarios do servizo de axuda a domicilio municipal.

Publicado o

- Advertisement -

O curso impartido pola psicóloga clínica experta neste ámbito, Andrea Taboada, estaba orientado a dotar ás coidadoras e coidadores de diversas estratexias que lles permitan canalizar a responsabilidade e atencións que require ter unha persoa dependente a cargo, para poder xestionar as emocións e mellorar a calidade de vida do familiar coidador. Nesta xuntanza, levouse a cabo unha análise, das barreiras psicolóxicas e problemáticas cotiás para saber como autoxestionalas.

Este obradoiro formativo atópase incluído dentro das melloras voluntarias contempladas no contrato do servizo e ofertadas pola empresa prestadora de dito servizo (FEPAS).

A valoración do encontro foi moi positiva xa que permitiu compartir experiencias con outros coidadores en situacións similares. Neste senso dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Monforte, valóranse como moi axeitadas este tipo de actividades, xa que contribúen á mellorar a eficacia dos servizos que se prestan.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...