O Concello de Sober ten xa preparada a súa programación de Entroido, que arrancará o 13 de febreiro co Xoves de Compadres. O día 20 celebrarase o Xoves de Comadres. O sábado 22 de febreiro será a quenda do XIV Baile da Cachucha con desfile de disfraces e 1.200 euros en premios. Ás 17:00 horas haberá desfile de disfraces polas rúas de Sober con saída da Casa do Concello ata o pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. A partir das 18:00 horas haberá música, inchables, xogos e merenda para todos e todas as participantes. Ás 19:30 horas desfile de disfraces e entrega de premios. E a partir das 20:00 horas degustación de cachucha e viño.
Bases do desfile de comparsas e concurso de disfraces
Para a inscrición no desfile de comparsas deberase recoller o impreso de solicitude no Centro Sociocultural de Sober. A información requirida é a seguinte:
- Impreso de solicitude
- Certificado de titularidade da conta do representante do grupo ou comparsa. (Só para comparsas e modalidade de adultos no concurso de disfraces no Baile da Cachucha).
O desfile de comparsas sairá da Praza do Concello as 17:00h. As comparsas colocaranse segundo a orde de chegada, a partir das 16:00 horas. Deberán levar un número de identificación, para que o xurado poida facer a súa valoración, que se recollerá no Centro Sociocultural de Sober, unha vez feita a inscrición. O xurado valorará o vestiario e a animación ao longo do percorrido, e premiará aos mellores grupos. As comparsas deberán estar formadas por un mínimo de dez compoñentes. Todas as comparsas terán un premio á participación de 50 euros. Establécese un premio especial á comparsa máis numerosa de 100 euros.
Os premios serán os seguintes:
- 1º Premio: 200 €
- 2º Premio: 150€
- 3º Premio: 100€
- 4º Premio: 60€
Concurso de disfraces
Na Modalidade Infantil, os premios son os seguintes:
INDIVIDUAL GRUPOS ATA 6 PERSOAS
1º Premio: Vale 50€ 1º Premio: Vale 50€
2º Premio: Vale 30€ 2º Premio: Vale 40€
3º Premio: Vale 20€ 3º Premio: Vale 30€
Na Modalidade Adultos, os premios son os seguintes:
INDIVIDUAL GRUPOS ATA 6 PERSOAS
1º Premio: 40€ 1º Premio: 60€
2º Premio: 30€ 2º Premio: 50€
3º Premio: 20€ 3º Premio: 30€