HomesociedadeA gañadora do Goya, Benedicta Sánchez, pregoeira da Feira do Viño de...

A gañadora do Goya, Benedicta Sánchez, pregoeira da Feira do Viño de Amandi

“A muller é imprescindible na viticultura de Amandi e Benedicta representa perfectamente a esa muller heroica”, precisa o alcalde, Luis Fernández Guitián

Publicado o

- Advertisement -

A XL Feira do Viño de Amandi, que este ano se vai celebrar os días 18 e 19 de abril, terá como pregoeira á actriz lucense Benedicta Sánchez, recentemente galardoada co premio Goya á mellor actriz revelación polo seu papel na película de Oliver Laxe ‘O que arde’.

O Goberno local precisa que Benedicta “é unha muller do mundo rural que perfectamente identifica ás mulleres de Sober que traballan na viña e na adega na procura dun viño que só se consigue a base de traballo, traballo e traballo. Por todo o que sabemos dela e da súa traxectoria Benedicta é unha muller loitadora e parécenos que encarna uns valores que, ademais de identificar ás mulleres de Sober, son valores que é importante transmitir ás xeracións vindeiras, por iso agradecemos a súa presenza na feira deste ano”, explica o rexedor, Luis Fernández Guitián.

Benedicta Sánchez ofrecerá o pregón da XL Feira do Viño de Amandi o domingo 19 de abril ao mediodía.

Benedicta

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...