IniciosociedadeRibas de Sil acollerá unha nova Feira do Viño na Ribeira Sacra

Ribas de Sil acollerá unha nova Feira do Viño na Ribeira Sacra

Esta é unha das atractivas novidades que acaba de anunciar o concello para as Festas Patronais, concretamente para o 16 de agosto. As outras dúas son recuperar os fogos artificiais e organizar unha “Feira do século XIX”.

Publicado o

- Advertisement -

Nun comunicado á prensa enviado este venres 14 de febreiro, o Concello de Ribas de Sil deu a coñecer as intencións do goberno local para converter o 16 de agosto das Festas Patronais 2020 nunha espectacular xornada para as veciñas e veciños e tamén nun reclamo de nivel para visitantes e turistas.

A intención do equipo de goberno é darlle pulo ás festas e adaptarse aos novos tempos facendo actividades innovadoras que axuden ao desenvolvemento do concello e da contorna. Queren deixar claro que “non se van abandonar as festas tradicionais coas súas orquestras, pasarrúas, inchables, etc. A novidade sería só para o 16 de agosto” (as festas serán os días 14, 15 e 16).

A intención do equipo de goberno é darlle pulo ás festas e adaptarse aos novos tempos facendo actividades innovadoras

Así, pois, as novidades que se deron a coñecer son a recuperación dunha das tradicións máis característica nas festas patronais, os fogos artificiais, a realización dunha Feira do Viño da Subzona Quiroga-Bibei e a organización dunha Feira do século XIX.

Este 2020 será, pois, o ano no que os fogos artificiais volvan ao programa de festas despois de anos suprimidos por mor da crise económica, un criterio de aforro económico que custou entender estes anos por parte da veciñanza.

E non quedan aquí as sorpresas, que xa anticipaba no remate das festas o pasado ano o concello, tamén nacerá unha nova Feira do Viño para a Ribeira Sacra e organizarase unha Festa na que se recreará a vida do lugar no século XIX. Para o evento vitivinícola, convidaranse a todas as adegas da subzona Quiroga-Bibei que colaborarán na organización do mesmo xunto co Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra. E na “Feira do Século XIX” tomarase a chegada do tren a San Clodio no ano 1883 como punto de partida para montar unha feira ambientada neste século. Neste último punto o concello está empezando a pedir implicación e ideas para impulsala e acadar unha boa festa na que se recree a vida daquel momento histórico, con acontecementos como a viaxe inaugural do tren na que estaba o Rei Alfonso XII ou a vida da familia Batanero.

convidaranse a todas as adegas da subzona Quiroga-Bibei que colaborarán na organización do mesmo xunto co Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra

O concello está xa a sondar sensacións e recollendo a opinión de veciñas e veciños a través das redes sociais e anuncia que en data próxima convocarase unha reunión para falar do tema e propoñer ideas.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...