HomesociedadeCCOO pide o rescate inmediado da concesión da piscina municipal de Monforte

CCOO pide o rescate inmediado da concesión da piscina municipal de Monforte

A secretaría de acción sindical de CCOO Lugo pídelle ao alcalde de Monforte, José Tomé, que rescate a concesión da piscina municipal de modo inmediato.

Publicado o

- Advertisement -

O sindicato lémbralle a José Tomé que hai 16 familias que levan 3 meses sen cobrar e son mileuristas. CC.OO. di non entender como o alcalde, sendo exsindicalista, pídelle aos traballadores que reflexionen cando están nunha situación crítica, con 3 mensualidades pendentes de cobro.

CC.OO. insta a Tomé, que lembran cobra 5.630 euros e viaxa en coche oficial da Deputación, a que tome unha solución definitiva ante a penuria dos traballadores, que sen cobrar as nóminas, seguen acudindo ao seu posto de traballo para atender aos máis de 1.000 usuarios da piscina municipal.

Esixen determinación ao alcalde de Monforte, “pois cunha maioría absoluta, non hai escusas para demorar esta situación que afecta a 16 familias”.

ÚLTIMAS

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...