A Concellería de Cultura de Sarria quere que o desfile de entroido de Sarria sexa un referente no sur de Lugo e anima á participación de veciñas e veciños, pero tamén a xente de fóra, para que o domingo 23 se enchan as rúas da vila de comparsas e carrozas.
A saída farase no barrio da Estación ás 17:00 h. e o remate terá lugar no Pavillón dos Institutos na Rúa Castelao, lugar onde se fará entrega dos premios.
A inscrición, que poderá facerse a través da páxina web e mediante o rexistro no propio Concello de Sarria, rematará o vindeiro día 20 de febreiro ás 12:00 h. Xunto co impreso de inscrición anexarase o D.N.I. e certificado de titularidade da conta bancaria onde se ingresará o pago das axudas e/ou premios.
Para participar diferéncianse dúas categorías, “adultos” e “infantil”, e dúas modalidades, “carrozas” e “comparsas”. Poden participar como carroza os grupos formados por máis de 3 persoas, con remolque ou plataforma na que podan subir polo menos o 50% dos integrantes da mesma. E serán comparsas os grupos formados por máis de 3 persoas que non entren na categoría de carrozas.
En canto aos premios acordáronse os seguintes:
Nº1 ADULTOS CARROZAS DE 15 OU MÁIS PARTICIPANTES
1º PREMIO: 600€ (suxeito a retención do I.R.P.F)
2º PREMIO: 440€ (suxeito a retención do I.R.P.F)
Nº2 ADULTOS CARROZAS DE MENOS DE 15 PARTICIPANTES
1º PREMIO: 350€ (suxeito a retención do I.R.P.F)
2º PREMIO: 270€
Nº3 ADULTOS COMPARSA DE 15 O MÁIS PARTICIPANTES
1º PREMIO: 380€ (suxeito a retención I.R.P.F)
2º PREMIO: 320€ (suxeito a retención do I.R.P.F)
N º4 ADULTOS COMPARSA DE MENOS DE 15 PARTICIPANTES
1º PREMIO: 300€
2º PREMIO: 260€
Nº5 INFANTIL CARROZA
1º PREMIO: 400€ (suxeito a retención do I.R.P.F)
2º PREMIO: 300€
Nº6 INFANTIL COMPARSA DE CENTROS EDUCATIVOS OU ASOCIACIÓNS DO CONCELLO DE SARRIA
1º PREMIO: 450€ (suxeito a retención do I.R.P.F)
2º PREMIO: 360€ (suxeito a retención do I.R.P.F)
3º PREMIO: 240€
4º PREMIO: 180€
N º7 INFANTIL COMPARSA
1º PREMIO: 260€
2º PREMIO: 210€
Nº8 FÓRA DA COMARCA
1ºPREMIO CARROZA 350€ (suxeito a retención do I.R.P.F)
1ºPREMIO COMPARSA 220€
Nº9 MELLOR DISFRAZ EN PARELLA INSCRITA: 100€
Nº10 MELLOR DISFRAZ INDIVIDUAL INSCRITO : 60€
GASTO TOTAL NO ENTROIDO 2020 : 6.050€
O xurado do concurso estará composto por “vogais”, representantes de diferentes asociacións e colectivos relacionados coa cultura local, e pola “secretaria”, persoa responsable da O.M.I.X. do Concello de Sarria. Está última terá voz pero non voto e certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases.